Non só do GP500 vive o home...
Outros xogos nos que participamos, todos eles de simulación de conducción.
Richard Burns Rallye, rFactor, Rallye Championship, Colin McRae 2, MRO Live, etc...
Campionato on-line. Campionatos de circuito con el simulador rFactor.
Competición con GTs. Con duas divisions. Realizanse duaos probas de pretemporada tralas cuales organizaranse as divisions e os coches que levará cada un.
O campionato consta de 8 probas. O día da carreira faise a clasificación e a carreira a unha distancia de carreira de 80 minutos.
O equipo Nitram está presente con dous pilotos, Eivan e Eus dentro da Serie B a os mandos dun Porsche 911 GT3 RSR.
Comeza a pretemporada o 1 de setembro e a temporada o 5 de outubro.
Accidentado campionato para os pilotos de Nitram Racing, Eivan finaliza 18º con 17 puntos e Eus 20º con 13 puntos na xeral. Nitram Racing termina 11º na clasificación por equipos con 30 puntos.
A mellor actuación foi de Eivan, que lograba a 5ª posición na primeira proba de Melbourne.
Pola súa banda Eus lograría un 12º posto tambien o Melbourne e repetía posición en Vancouber
Campionato on-line. Campionatos de rallye co simulador Richard Burns Rallye. Xógase on-line co plugin "checo".
Limitados a os coches do grupo S2000.
O equipo Nitram está presente con MARTIN Eus aos mandos dun Skoda Fabia S2000.
Comeza o 14 de setembro.
Campionato on-line para rFactor organizado pola web www.simracing.es. Dúas categorías de coches GT1 e GT2.
O campionato consta de 8 probas, disputándose o día anterior a clasificatoria a 10 voltas. O día da carreira correrán as dúas categorías xuntas, GT1 e GT2 a unha distancia de carreira de 90 minutos.
Os pilotos de Nitram Racing, realizaban unha gran actuación, sendo Josanmoca 3º na xeneral individual con 78 puntos, tras Buti 170 puntos e Koseko con 166 puntos onde Eus era 6º con 63 puntos.
Grazas a eles Nitram Racing acadaba o terceiro posto por equipos, con 141 puntos por detrás de Motorbreath Racing con 242 puntos e Impacto Calsonic GT-R con 166 puntos.
A mellor actuación foi de Josanmoca que lograba a 2ª posición na prueba de Hungaroring.
Pola súa Eus acadaría un 4º posto en Estoril, unha grande carreira na que ademais o seu compañeiro de equipo era 3º
Campionato de promoción on-line. Campionato de circuítos co simulador rFactor.
Organizado pola web www.simracing.es.
Lograda a clasificación no anterior campionato da Skoda, Eus recibe a invitación para tomar parte neste campionato.
Finalmente logra a 17ª posición do xeneral con 16 puntos, e como mellor posto un 10ª na última carreira do Campionato.
Era o meu segundo campionato en rFactor despois de correr na Skoda levo co xogo desde decembro que comprei volante así que vos podedes imaxinar o "novato" que son. Encima para facer as cousas máis fáciles tiven unha forte lesión deportiva da que aínda sigo recuperando o nocello dereito. Así que xuntamos novato co xogo e ter que conducir só co pé esquerdo ten o seu punto jajajaja.
A verdade que son un exemplo "vivente" da filosofía de www.simracing.es. Non importa o rápido que sexas simplemente ter unha condución "segura" fai que ascendas. Non destaquei en nada na Skoda bo en algo si fun dos poucos pilotos que non recibín un DQ jejeje e son moi consciente das miñas limitacións.
Así que este campionato tomeimo como un premio a ter a cabeza fría no campionato de promoción. ía correr con xente con moita experiencia e moi rápidos así que hai que fixarse e aprender.
A carreira de pre-tempada foi bastante caótica o feito de saír de boxes e un pequeno incidente ás poucas voltas fixo que me dobrasen enseguida así que pasei toda a carreira mirando polo retrovisor e tratando de non molestar moito cando me dobrasen. Unha boa rodaxe para o resto do Champ jajajaja.
As carreiras tomeimas todas con moitas calma saídas moi conservadores procurar ter os menores incidentes posibles e así conseguín pescar resultados que non crese posibles.
Puntuar na primeira carreira foi todo un éxito. O vaso de auga fría viño en Xangai onde puiden facer unha boa actuación (moita xente cargada de quilos) pero fallou a mecánica e o PC xogoume unha mala pasada.
A seguinte carreira foi moi boa tamén meténdome nos puntos pero en Nurburing volvín con outra de area e tiven un "espectacular" accidente que me obrigou ao abandono.
Despois en maio como a recuperación do nocello vai mellor empecei a ter máis ocupados os días e de feito tiven que faltar a dúas carreiras. Por sorte conseguín sacar unhas horas para tentar pasar o corte e correr a última carreira.
O final do campionato non puido ser mellor cun 10º posto que nin soñando parecía posible pero que aí está jejejeje
Campionatos on-line. Campionatos de rallye co simulador Richard Burns Rallye. Xogase on-line co plugin "checo" .
Durante este ano 2.009 organizan varios campionatos. Un específico de asfalto e outro de terra.
Campionato de España de Rallies 2.003. No que só compitese con coches da categoría S1600 e N. Eus participou cun Volkswagen Polo S1600.
Campionato de España de Rallies de Terra 2.003. Particípase con coches homologados na data. Eus tomou parte cun Mitsubishi Evo VI TME.
Campionato de promoción on-line. Campionato de circuítos co simulador rFactor.
Organizado pola web www.simracing.es.
Trátase dun campionato de promoción que permitirá acceder a próximos campionatos organizados pola web, dependendo dos méritos logrados en pista, tanto en tempos como en comportamento.
Este Campionato significa o noso debut no xogo rFactor.
Pese apenas coñecer o xogo, Eus logra unha meritoria 3ª praza final, grazas á súa constancia e bo comportamento en pista na que non é penalizado con ningunha descualificación. Este bo comportamento ten como premio a invitación a participar no Campionato BMW E21 2009 con pilotos xa máis consagrados na web.
Campionato on-line. Campionato de rallye co simulador Richard Burns Rallye. Xógase on-line co plugin "checo" . Primeiro Campionato IRC disputado no verán con 9 rallyes puntuables, descartando o peor resultado.
A elección do coche é libre, así que participamos dentro do Gr. N cun Subaru Imprezza.
Este Campionato significa o noso debut no xogo Richard Burns Rallye.
Pese apenas coñecer o xogo, Eus logra unha meritoria 9ª praza dentro do Gr. N e consegue puntuar na clasificación scratch en varios rallyes, o que fai obter o posto 30º dentro desta clasificación.
Ver resultados (Non Traducido)
Campionato on-line do xogo "Mini Racing On-Line". Un adictivo xogo de simulación de coches con vista cenital. Simula espectacularmente o comportamento do coche, permitindo reglajes de aleróns, tracción, cambio. O combustible tamén está incluído e o ir máis ou menos descargado nótase, facendo a estratexia en boxes fundamental.
O campionato baséase en equipos de F1 e os pilotos están divididos en varios niveis, (novel, prol, titans, master) . Cada equipo ten un máximo de dous pilotos por categorías. As carreiras córrense todos os martes ás 10:30, disputándose 15 minutos de prácticas, 5 voltas de clasificación e a carreira a 30 voltas.
Outra característica do Campionato é limitar a "tracción" a 100 ou máxima, de aí o de T100.
Ao ser o noso primeiro Campionato co xogo, participamos na categoría "live school" para principiantes dentro do BSP Racing, a escola do equipo Renault.
Finalmente o Campionato clausúrase por falta de participación.
Ver resultados (Non Traducido)
Campionato off-line do Grand Prix 4. Un dos mellores simuladores de Fórmula 1. As probas coinciden co calendario real, realízanse quendas de adestramentos libres, clasificacións e carreiras ao 40% de distancia.
No 2005 participamos nalgunha carreira do comezo de tempada.
Ver resultados (Non Traducido)
Competición off-line do xogo Colin McRae2. As carreiras son semanais indicándose os tramos que se deveran de corren durante a semana. Ademais indícase o modelo de coche que se debe pilotar, asi temos etapas de asfalto, terra, con coches traccion traseira, 4x4 e múltiples combinacións posibles. Finalmente a metade da competición suspéndese.
Ver resultados (Non Traducido)
Competición off-line do xogo Rally Championship. As carreiras son semanais indicándose os tramos que se deveran de corren durante a semana. Ademais indícase o modelo de coche que se debe pilotar, asi temos etapas de asfalto, terra, con coches traccion traseira, 4x4 e múltiples combinacións posibles. Finalmente a metade da competición suspéndese.
Ver resultados (Non Traducido)