Web do equipo Nitram Racing

Nitram Racing

NACIONAL

Estos son todolos campionatos a nivel nacional nos que participamos dende o ano 2.003.

2010

MOTOFF GP500 2.010 - II MEMORIAL NITRONORI41

MotOffGP500

Campionato off-line (con ticket con tempo limitado para facer a carreira) na categoría de MotoGP, con físicas específicas e iguais en tódalas marcas. As carreiras disputanse ao 30 % de distancia.

Dazaoito probas, coincidindo co calendario de MotoGP real da tempada 2010.

O mellor clasificado na xeral foi Franky que remataba o campionato no posto 15º con 38 puntos, e mellor resultado no GP de Italia onde conseguía un 5º posto.

O seguinte na táboa foi Eus, que remataba no 24º posto con 19 puntos, o seu mellor resultado foi un 9º posto no GP celebrado en San Mariño.

Finalmente Fonnia, remtaba no posto 31º con 8 puntos e o seu mellore resultado era 11º no primeiro GP do Campionato en Qatar.

Na clasificación por equipos Nitram Racing remataba no 8º posto con 65 puntos.

Mais información

ARRIBA

2009

TROFEO VERANO 2.009 - memorial nitronori41

IV Trofeo de Verán que nesta edición será tamén o Memorial Nitronori41 na honra ao desaparecido compañeiro Rubén.

Vólvese ao formato orixinal, motos de 250 cc e os 5 circuítos vistos na primeira edición.

Nitram estaría representado unicamente por Eus.el cal non faltou á cita e tomou parte en catro das cinco carreiras.

O mellor resultado foi o 5º posto logrado no GP de Baviara (Salzburgring).

Finalmente sumaría un total de 33 puntos que o levaban ao 9º posto do xeneral individual.

Á súa vez, Nitram Racing, terminaba en 5º posto con 33 puntos no xeneral por equipos.

Máis información

ARRIBA

2008

SBK WINTER TOUR

SBK Winter Tour 08-09

Primeira edición diste Campionato que ven a sustituir o Campionato de Inverno.

Competición off-line (con ticket para tempo limitado de carrerira) na categoría de SBK, con físicas específicas e iguais en tódalas marcas. As carreiras disputaránse ao 30 % de distancia e dúas mangas por carreira.

Nun total de 6 probas se desenrolaría o campionato.

O éxito do equipo Nitram foi total. O seu piloto Creisi conseguía procalmarse Campión do SBK Winter Tour 2008-2009 con 215 puntos. Sendo Eus con 54 puntos 13º e Fonnia 14º con 53 puntos.

Creisi acadaba 7 victorias e 2 segundos postos. Eus subiría o caixón no 3º posto na primeira manga de Bathrust e Fonnia acadaría 6 postos como mellor posición.

Estes excelentes resultados a nivel individual servirían, para que o equipo Nitram proclamárase Campión do SBK Winter Tour 2008-2009 con 313 puntos.

Ver resultados

ARRIBA

GP1000SERIES on-line

GP1000 Series

Competición on-line, con carreiras ao 30% de distancia. Físicas MotoGP.

As carreiras realízanse en fin de semana. Adestramentos libres os venres, superpole o sábado e os domingos a carreira.

Un total de 11 probas que se dividen en dous partes, con parón estival para acceso de novos pilotos e equipos.

Participacións esporádicas os do noso piloto, Eus, que acadaría o 22º posto na clasificación individuale e Nitram 12º na clasificación por equipos.

Ver resultados

ARRIBA

TROFEO VERÁN 2.008

Nova edición deste xa tradicional torneo de verán. Como novidade, haberá dúas categorías, 500 cc e MotoGP.

A innovación será o uso de "tickets" para realizar as carreiras off-line, dentro dun tempo limitado. Achegando un novo reto aos campionatos off-line.

En 500 cc as carreiras serán ao 30 % de distancia e na MotoGP serán ao 100%.

En ámbalas dúas categorías o equipo estaba representado polos pilotos, Fonnia e Eus.

Máis a súa participación foi esporádica obtendo discretos resultados, Fonnia sería 14º en 500 cc e non facía ningunha carreira en MotoGP. Eus pola súa parte sería 25º en 500 cc e 8º en MotoGP.

Por equipos Nitram Racing, en 500 cc acadarían o 8º posto final e en MotoGP o 5º posto final.

Ver resultados

ARRIBA

Endurance 2008.

Competición on-line. Carreira de resistencia no Circuíto de Suzuka. Equipos de 2 pilotos. Dispútanse 6 mangas dous diúrnos, dous á tardiña e dúas nocturnas. Os pilotos corren 3 mangas cada un.

O equipo de Nitram Racing estivo composto por Fonnia e Eus.

Até seis equipos tomaron a saída. O equipo Nitram Racing mostrouse bastante competitivo pese ao pcoo adestramento e Fonnia facía un 3º nunha das mangas. Despois de varios incidentes, con rectos de Eus e caída incluída de Fonnia, finalmente o equipo termina en 4ª posición.

Manga 1
Manga 2
Manga 3
Manga 4
Manga 5
Manga 6 - Clasificación Final

ARRIBA

2007

V Campionato de Inverno.

Campeonato de Invierno

Competición off-line en categoría SBK, con físicas específicas e iguais en todas as marcas. As carreiras dispútanse ao 40% de distancia e dúas mangas por carreira.

Quinta tempada de xa un clásico campionato de inverno, un ano mai na categoría reina das SBK.

O equipo Nitram Racing estaría representado por #71 Eus; #23 Luc.

Por diversos motivos, só Eus puido participar nas últimas probas do Campionato, logrando o 15º posto na xeral individual. Por equipos Nitram lograba o 9º posto.

Ver resultados

ARRIBA

GP1000SERIES on-line

GP 1000 Series

GP1000 Series - Tempada 2007.

Competición on-line, con carreiras ao 30% de distancia. Físicas MotoGP.

As carreiras realízanse en fin de semana. Adestramentos libres os venres, superpole o sábado e os domingos a carreira.

Un total de 16 probas que se dividen en dous partes, con parón estival para acceso de novos pilotos e equipos.

E no mediados de tempada comezamos a nosa participación nas GP1000Series, cun só piloto, Eus, que por lesión non puido presentarse ás últimas probas, aínda así lograría o 15º posto e Nitram equipos 8º, que outorgaría o premio "Alex Debón" ao mellor equipo cun só pilotos.

Ver resultados

ARRIBA

GP500 CEV - Campionato de EspaÑa de Velocidade 2007.

GP500CEV

Competición off-line, con carreiras ao 100% de distancia. A competición máis real sobre o GP500. Físicas MotoGP.

O piloto máis destacado foi Leo que conseguiu dous podiums, nas primeiras carreiras, ata loitando para estar entre os 5 primeiros da xeneral, pero por diversos problemas deixou de competir a metade de tempada. Finalmente sería 10º na xeneral.

Eus 22º, Chipi-94 28º e Luc 33º, foron os outros pilotos que tomaron a saída en devandito campionato. Os tres consiguiron puntuar.

Por equipos Nitram Racing foi 8º e o Lucus Decathlon - Nitram Racing 11º.

Ver resultados

ARRIBA

TV250 - II Trofeo de verÁn de 250 cc.

Trofeo de Verano

II Trofeo de Verán 250 - Wxat Site. Competición off-line, con carreiras ao 30% de distancia. Físicas de 250 cc.

O campionato disputouse en 5 probas nos circuítos de Nivelles, Tsukuba, Opatija, Anderstop e Salzburbring. En preparación a edición do 2007.

Os representantes de Nitram foron Eus, que logrou o posto 20º con 2 puntos e Luc 24º con 0 puntos.

Na xeneral por equipos Nitram terminou 14º con 2 puntos.

Ver resultados

ARRIBA

2006

IV Campionato de Inverno.

Campeonato de Invierno

Competición off-line en categoría SBK, con físicas específicas e iguais en todas as marcas. As carreiras dispútanse ao 40% de distancia e dúas mangas por carreira.

Cuarta tempada de xa un clásico campionato de inverno, que tras a división en dúas categorías, volvía ás súas orixes incluíndo unicamente a categoría reina das SBK.

O equipo Nitram Racing estaría representado por #6 Thor; #32 Luc e #69 Marcuse.

Por diversos motivos, só puido participar esporadicamente Thor, que non lograría sumar ningún punto no Campionato.

Ver resultados (Non Traducido)

ARRIBA

GP500 CEV - Campionato de EspaÑa de Velocidade 2006.

GP500CEV

Competición off-line, con carreiras ao 100% de distancia. A competición máis real sobre o GP500. Físicas MotoGP.

A alta participación caracterizou este campionato, no cal en ningunha carreira baixouse dos 15 pilotos, sendo a media de participación de 21 pilotos por carreira. O nivel de pilotos e participación foi moi alto unha vez máis.

Nesta tempada 2006, Nitram estivo presente con tres pilotos, Luc , Toxiño e Eus sobre a Yamaha M1. Terminando como mellor clasificado Eus 24º, Luc ás portas de puntuar foi 41º e Toxiño que apenas participou logrando o 48º posto. A mellor actuación foi de Eus conseguindo un 8º posto. Por equipos Nitram Racing finalizou 11º.

Ver resultados (Non Traducido)

ARRIBA

TV250 - Trofeo de VerÁn 250.

Trofeo de Verano

Competición off-line baseado en motos de 250 cc, con físicas específicas e iguais en todas as marcas. As carreiras dispútanse ao 30% de distancia.

O campionato constará de 5 probas a celebrar nos meses de verán.

Para este campionato fixéronse dous equipos.

Nitram Racing, composto por Eus e Luc e Nitram Racing Escola de Campións con Toxiño e o debutante Marcuse.

O mellor piloto clasificado foi Eus, 15º, e Marcuse tivo un debut a gran nivel estando moi igualado con Eus ata as dúas últimas probas que por problemas técnicos non puido competir, acabando finalmente 17º. Luc participou en todas as carreiras pero non logrou puntuar, sendo o seu mellor posto 17º. Toxiño só disputou unha carreira na que tampouco conseguiu puntuar.

Na clasificación por equipos, Nitram Racing terminou 9º con 16 puntos e Nitram Racing Escola de Campións 10º con 9 puntos.

Ver resultados (Non Traducido)

ARRIBA

2005

III Campionato de Inverno.

SBK

Super Sport

Competición off-line con dúas categorías SBK e SuperSport, con físicas específicas e iguais en todas as marcas. As carreiras dispútanse ao 40% de distancia e dúas mangas por carreira en SBK e ao 30% de distancia e unha sóla manga por carreira en SuperSport.

Logo de dúas tempada conseguindo o campionato Nitram acode a este con novos pilotos cuxo obxectivo é coller simplemente experiencia.

Na categoría de SBK participarían con Nitram Racing, Eus e Aitor46, logrando o primeiro a mellor clasificación individual do equipo nas dúas categoría cun 6º posto final e 145 puntos. Por equipos logrouse o 6º posto.

En SuperSport , presentábanse dous equipos, o Nitram Racing con Havoc e o Lucus Nitram Racing con Eus e o debutante Luc. Na clasificación xeral Eus terminou 16º con 13 puntos, Havoc que só participou nunha carreira sería 18º con 10 puntos e Luc lograría no seu debut terminar 23º con 6 puntos. Por equipos o Lucus Nitram sería 10º e Nitram Racing 12º.

Ver resultados (Non Traducido)

ARRIBA

Endurance Championship 2005 .

Endurance 2005

Competición off-line. Campionato de carreiras de resistencia. Equipos de 2 ou 3 pilotos. Dispútanse 6 mangas ao 40% a metade en circuíto nocturno.

O equipo de Nitram Racing estivo composto por Biggie, Xut, Chipi-94 e Eus como piloto reserva. Debido a diversos problemas de Chipi-94 este non puido participar en ningunha das tres probas e foi substituído por Eus.

Empezou o Campionato cun 3º posto en Suzuka, logo seguiría Le Mans con outro 3º posto e na última cita do Campionato, Montmeló terminarían con outro 3º posto.

Finalmente o equipo Nitram Racing proclamábase Subcampión do Endurance Championship 2005.

Ver resultados (Non Traducido)

ARRIBA

GP500 CEV - Campionato de EspaÑa de Velocidade 2005.

GP500CEV

Competición off-line, con carreiras ao 100% de distancia. A competición máis real sobre o GP500. Físicas MotoGP.

A alta participación caracterizou este campionato, no cal en ningunha carreira baixouse dos 15 pilotos, sendo a media de participación de 21 pilotos por carreira. O nivel de pilotos e participación foi moi alto unha vez máis.

Nesta tempada 2005, Nitram estivo presente con tres pilotos, Xut , Chipi-94 e Eus sobre a Yamaha M1. Terminando como mellor clasificado Xut 14º, Eus tras unha melloría na segunda parte da tempada terminou 22º e Chipi-94 que logrou tamén puntuar o 30º. A mellor actuación foi de Xut conseguindo un 8º posto. Por equipos Nitram Racing finalizou 6 º.

Ver resultados (Non Traducido)

ARRIBA

2004

II Campionato de Inverno 2004-2005

Campeonato Invierno

Competición off-line baseado no bikeset de SuperBikes. As carreiras realízanse a dúas mangas ao 40% de distancia o venres e sábado.

Campionato disputado a 8 probas.

O equipo Nitram Racing participou con tres pilotos, Mask, Pollin46 e Eus sobre as Yamaha R1 2004. Finalmente Mask proclámase Subcampión e Nitram Racing proclámase Campión do II Campionato de Inverno.

Ver resultados (Non Traducido)

ARRIBA

I Carreira Resistencia Fin de Ano 2004.

Competición off-line a unha sóla carreira no circuíto de Catalunya. Os equipos formados por dous pilotos disputan cada un deles dúas mangas ao 40% de distancia. Unha delas diúrna e outra "nocturna". O resultado será a suma das catro mangas.

A idea inicial de Nitram Racing era a de participar os dous pilotos Galegos do equipo, Chipi-94 e Eus, de aí o nome de Nitram Racing-Galicia Team que se utilizou na proba. Finalmente por problemas técnicos, Chipi-94 non puido participar e foi substituído polo piloto revelación do ano no GP500CEV, o "balear" Biggie. Conseguindo o equipo, grazas a este reforzo, a vitoria nesta primeira experiencia de carreira de resistencia.

A carreira disputouse no circuíto de Cataluña o 26 de decembro. Por problemas no disco duro do organizador, Omar_Silver, non contamos cos tempos de cada participante, aínda que se o posto final de cada un.

Ver resultados (Non Traducido)

ARRIBA

GP500 CEV - Campionato de EspaÑa de Velocidade 2004.

GP500CEV

Competición off-line, con carreiras ao 100% de distancia. A competición máis real sobre o GP500. Físicas MotoGP.

A alta participación caracterizou este campionato, no cal en ningunha carreira baixouse dos 15 pilotos, sendo habitual terminar sobre os 20 pilotos por carreira. O nivel de pilotos e participación foi moi alto nesta edición.

Nesta tempada 2004, Nitram estivo presente con tres pilotos, Havoc, Chipi-94 e Eus sobre a Yamaha M1. Terminando como mellor clasificado Eus 19º e a mellor actuación foi de Havoc conseguindo un 5º posto. Por equipos Nitram Racing sería 8º..

Ver resultados (Non Traducido)

ARRIBA

GP World Championship 2004

Tras a desaparición das Worldseries a finais do 2003, este campionato toma a substitución partindo da base vista durante o 2003. Este campionato esta composto por un total de 14 probas puntuables, cada unha delas disputada nun dos circuíto que acompañan ao xogo. Disputásese un Gran Premio por semana, seguindo o calendario de motoGP

Disputásese de luns a xoves, a sesion clasificatoria e de venres a domingo, a carreira. A hora limite para o envio de resultados seran as 00:00 dos dias indicados.

Finalmente por diversos problemas o Campionato desaparece ás poucas carreiras disputadas.

Ver resultados (Non Traducido)

ARRIBA

2003

CampIonato de Inverno 2003-2004

Campeonato Invierno

Competición off-line baseado no novo bikeset de SuperBikes 2003 de StuButler. As carreiras realízanse a dúas mangas ao 40% de distancia o venres e sábado.

O campionato disputouse finalmente en sete circuítos, anulandose ultímaa proba.

O equipo Nitram Racing foi o único que participou con catro pilotos, Mask, Havoc, Chipi-94 e Eus sobre as Ducati 999. Finalmente Mask proclámase Campión e Nitram Racing proclámase Campión do I Campionato de Inverno.

Ver resultados (Non Traducido)

ARRIBA

World Series tempada 2003

World Series

Este campionato esta composto por un total de 14 probas puntuables, cada unha delas disputada nun dos circuíto que acompañan ao xogo. Disputásese un Gran Premio por semana, seguindo o calendario de motoGP.

Disputásese de luns a xoves, a sesion clasificatoria e de venres a domingo, a carreira. A hora limite para o envio de resultados seran as 00:00 dos dias indicados.

Ao principio da tempada só participan Eus e Chipi-94, pero despois do parón estival, Nitram Racing consegue cubrir todas as prazas en todas as categorías, cun total de 12 pilotos repartidos nas catro categorias, 125, 250, 500 e MotoGP. Grandes resultados individuais prodúcense neste campionato, como a primeira pole realizada por Havoc en MotoGP, ou as vitorias de John757 en 500 cc.

Ver resultados (Non Traducido)

ARRIBA

CEVO 2003

CEVO 2003

Este campionato esta composto por un total de 14 probas puntuables, cada unha delas disputada nun dos circuíto que acompañan ao xogo. Disputásese un Gran Premio por semana, seguindo o calendario de motoGP.

A competición é off-line ao 100% de distancia.

Este foi o primeiro Campionato onde participa Nitram Racing. Ao principio da tempada só participaba Eus, pero a mediados desta únese o piloto wildcar Chipi-94. Eus terminaría o Campionato no 7º posto e Chipi-94 no 12º. Conseguindo o 6º posto na clasificación por equipos para Nitram Racing.

Ver resultados (Non Traducido)

ARRIBA

ARRIBA