Web do equipo Nitram Racing

Nitram Racing

SLOT

Aquí atoparedes información doutra das miñas paixóns ademais dos xogos de computador. Trátase do slot, coñecido comunmente por "scalextric".

Sempre quixen ter o meu propio scalextric, pero foi grazas a unha colección por fascículos cando me animei entrar neste mundo. Foi a primeira colección de Altaya, ao final da colección tiñas dous coches; un Ford Focus (Carlos Sainz) e un Seat Córdoba (Auriol) e unha pista en forma de 8. Estes foron os meus primeiros coches de slot. Despois viñeron mais coleccións e agasallos e compras formando unha colección que nestes momentos xa supera amplamente os 80 coches (nin quero pensar o diñeiro que levo gastado jijijijiji....)

A miña primeira participación en competición foi no Club Ancares e logrei, non sen moita dificultade, non rematar ultimo jijiji, se non recordo mal corrín co Focus (era o primeiro que conseguías montar na colección), nin sequera tiña o circuíto montado na casa. Despois tamén corrín cun Lancia Delta (Biason, o martini vermello) en grupo N.

Ao ano seguinte empecei a "fuchicar" no coche e mónteme un Grupo A, partindo primeiro do Córdoba do Club Scalextric (se haberá moitos coleccionistas que fliparan ao ver o estado no que teño o coche, pero no seu momento o meu poder adquisitivo era limitado jejeje, e a verdade non penso vender ningún dos coches por moito que poidan chegar a valer), despois como teño gran debilidade polo Delta, tratei de facer un Gr. A con un deles. Esta tempada foi de constante sufrimento e probas coas miñas Gr. A, pero mo paso como un anano trasteando no chasis.

Ford Focus Marlboro Gr A

No 2004, fixen un Gr. A, pero esta vez investiguei en internet e partín dun chasis do Subaru de Ninco con bancada intercambiable e comprei unha carrocería de fibra, concretamente a do Ford Focus. Mecanicamente moito mellor, pero aínda con certos problemas sobre todo coa tracción que me adoita dar desgustos no medio das carreiras, que se poleas que se soltan, que se a guía.. en fin creo que xa son famoso polas miñas roturas jiji.

Na tempada 2005 disputei o Campionato Provincial en Gr. N, tamén me introducín na categoría de 1/24 con auténticas "maquetas rodantes", primeiro en clásicos co R5 Turbo e nas últimas probas do ano cun Lancia Delta Gr. A, aínda que sen demasiado éxito debido ao pouco tempo dedicado á preparación de devanditos modelos.

Na tempada 2006, disputei o Campionato Provincial de Gr. A con un coche "artsanal", por fin unha boa posta a punto fíxome disfrutar da súa condución. Tamén disputei varios compeonatos clásicos, TTs, etc. Na categoría de 1/24 estreei o Subaru WRC con chasis preparado e nas últimas probas foi mellorando en condución, tamén mellorei aos poucos o R-5 de clásicos.

Na tempada 2007 o Campionato Provincial de rallyes foi un continuo baile no que comecei competindo no Gr. N e rematei no SK, pasando por varias carreiras no Gr. A. No resto de campionatos que disputei nada que destacar, os clásicos, tecnitoys no Club Slot Lucus e o campionato final de TTs non conseguin victorias nin actuacións destacabel. So na pista, no Slot Lucus, logrei chegar ao segundo posto de "regularidade". Na categoría "Grande" do 1/24 seguin disfrutando da conducción do Subaru, que cada vez é mais fácil de coducir, novas decoracións do R5 Turbo e un final de temporada co espectacular Alpinche unha resina de Reboredo que deu paso en diante nas prestación en clásicos.

Na tempada 2008, tomei parte no Provincial cun WRC que me dió bastantes quebradizos de cabeza e finalmente paseime a un Gr.A, partindo dun chasis "Kini" e certa preparación. Como sempre participarei na maioría de probas que se celebren en Lugo de clásicos, tecnitoys, TTs, así como en pista. Na categoría de 1/24 seguiremos competimos en WRC co Subaru e en Grupo A con o Delta, este último dió bastantes problemas, pero aos poucos foise afinando, nas últimas probas puxen en pista en WRC un Focus.

Na tempada 2.009, comezamos con ganas, no provincial de 1/32 correrémolo enteiramente co Gr.A "kini" modificado, esperando ter satisfactorias actuacións. Tamén imos tentar seguir o Campionato de Coruña no cal tomamos parte na primeira proba e fomos baixa na segunda por lesión. En 1/24 esperamos estrear un novo WRC, con novo chasis MSC e carrozaría dun novo WRC inédito en Lugo, por normativa o segundo coche será un clásico, probablemente rescatemos o Alpinche. Tamén en 1/24 trataremos de correr fóra, tentar seguir o Galego e facer o de Coruña.

Para este ano 2.011, segue o pocuo tempo para poder adicar a este hobbi, ainda así tratarei de correlos provincias de 1/32 e 1/24. En 1/32 merquei o Mitsubishi de Avant Slot e participarei dentro da categoría SN. En 1/24 seguirei competindo en WRC co Subaru que espero cambiar a carrocería pola do Fabia WRC e en clásicos co Alpinche.

Tamén me encanta montar e pintar os meus propios coches, montei varias resinas de Team Slot e adoito darlles un toque de cor a todos os meus coches, sobre todo aos interiores de scalextric que adoitan ser moi eslamiados.

ARRIBA