Web do equipo Nitram Racing

Nitram Racing

COMPETICIÓN

Aquí tedes toda a información dos campionatos onde Nitram Racing participa. Teremos os resultados, clasificacións xerais, clasificacións dos pilotos Nitram, en fin, todo o que ocorra en cada un dos campionatos.

Tras moitos anos centrándonos unicamente no GP500, iste foi perdendo peso aos poucos, e centrámonos con máis intensidade nos simuladores de coches, rFactor (circuítos) e Richard Burns Rallye.

NACIONAIS

Estes son os Campionatos nacionais nos actualmente está a participar o equipo:

DUAL MOTOGP 2011 III MEMORIAL NITRONORI 41

Cartel Dual MotoGP 2011

Campionato en do modalidades off-line e on-line. Para o simulador de motos GP500. Úsanse motos da categoría Moto GP de 800 cc. Monofísica.

Con sistema "ticket" para a modalidade off-line con tempo limitado para facer a carreira.

Organiza wxat site.

O Campionato constará de 18 probas seguindo o calendario oficial de Moto GP corréndose sempre en domingo.

O equipo Nitram está presente cos xa habituais pilotos de GP500 Fonnia e Eus, os mandos da Kawsaki ZX-RR Ninja de 800 cc.

Comeza o 20 de marzo do 2.011.

Máis información

ARRIBA

DUAL MOTOGP 2011 III MEMORIAL NITRONORI 41

Cartel WTCC 2011

Campionato on-line. Campionatos de circuíto co simulador rFactor.

Organiza SimRacing.es

Competición réplica da Fia World Touring Cars Championship. Catro marcas, BMW, Chevrolet, Seat e Volvo loitan polo campionato.

O Campionato constará de 8 probas, que se corren en xoves a partir das 22:00 h. Retransmisión en directo..

Dispútanse dúas mangas de 25 minutos en cada proba, con investimento da grella dos 12 primeiros, e lastre para os primeiros clasificados da xeral.

Comeza o 17 de marzo de 2.011.

Mais información

ARRIBA

Championship 2.011 - SIMCONTROL

Cartel SimControl Championshipo 2011

Campionato on-line. Campionatos de rallye co simulador Richard Burns Rallye. Xógase on-line co plugin "checo".

Clasificación xeral e por grupos, WRC, SWRC (vehículos S2000), PWRC (vehículos N4), JWRC (vehículos S1600 e R3) e WRC Academy (limitado para os coches Lada Kalina e Fiesta ST).

O campionato constará de 10 probas en todo tipo de superficies, que celebraranse cada 15 días.

O equipo Nitram está presente con MARTIN Eus aos mandos dun Skoda Fabia WRC 2006 e Skider (Marçal Bonet) a os mandos dun Citroën C4 WRC 2008.

Comeza o 27 de xaneiro do 2.011.

Máis información

ARRIBA

Campeonato nacional asfalto 2.005 - rbr on board

RBR On Board

Campionato on-line. Campionatos de rallye co simulador Richard Burns Rallye. Xógase on-line co plugin "checo".

O campionato trata de imtar a edición do 2005 do Campionato Nacional de Asfalto.

Por tanto existen 15 pilotos oficiais que levarán S1600 que corría naquela época, así como un número limitado de pilotos privados tamén con S1600. Os primeiros elixidos en función dos resultados en anterior campionato e os segundos mediante rallys de elección.

Tanto o Grupo N como a copa Desafío Peugeot, son libres para todos os pilotos.

O Campionato constará de 10 probas sobre asfalto, que se celebrasen cada 15 días.

O equipo Nitram está presente con MARTIN Eus e Mario Vázquez ambos os pilotos aos mandos dun Mitsubishi Evo VIII dentro do Grupo N.

Comeza o 3 de febreiro de 2.011.

Máis información

ARRIBA

INTERNACIONAIS

Aínda non temos plans para esta tempada 2.010.

XOGOS WEB

Nitram Racing tamén está presente xogos on-line vía web.

Maxithlon

Estoutro se trata dun simulador "manager", do estilo do famoso xogo para PC, "PC-Fútbol".

Concretamente, seremos o manager dun equipo de atletismo.

Os xogadores, están repartidos nas súas propias nacións e dentro delas en comunidades autónomas. Podes ter un persoal de até 60 atletas, e as competicións principais son en modo "liga" con enfrontamentos con equipos masculinos e femininos en 22 disciplinas atléticas. Dentro destas ligas hai divisións con ascensos e descensos.

Tamén se celebran campionatos Europeos, Mundiais, Mundiais Junior e mesmo Olimpíadas.

Como manager xestionas todo o referente ao club, estadio, economía, fichaxes, empregados, adestradores, etc.

Os atletas teñen unha sería moi ampla de características e á súa vez, especialízanse" en determinadas disciplinas, como poden ser, velocistas, mediofondo, fondo, marcha, lanzamentos e saltos.

Nitram Racing Lucus, está presente desde o comezo da tempada 13 (julio 2.008), englobado na división 5-13. Como non, en Galicia.

Tras varias tempadas no xogo, xa estamos na división 3, conseguindo gañar a división 5 e a 4. Tamén con numerosos trofeos autonómicos a nivel individual. Ultímalas tempadas estamos a enfocar en apliar estadio para poder obtar a tentar ascender novamente.

Desde este enlace terás máis información.

Maxithlon

ARRIBA

BattleKings

Desde abril del 2.008, participamos neste xogo. Trátase dun simulador medieval de cabaleiros. No xogo manexas un cabaleiro, que a base de combates, misións, irá aumentando as súas características. Tamén poderás comprar novas armas, armaduras, amuletos. Participar en desafíos, torneos de lanceiros.

No xogo estamos presentes cun cabaleiro Eus-Thor. Comezamos a andaina no xogo integrados na orde [XTI] Castelo de Orleans, que á súa vez é "canteira" da [DDC] Destino de Cabaleiros, unha das máis poderosas do servidor.

A evolución do xogo levou levoume a estar dentro da orde DDC, que tras diversas fusións transformouse na actual "Dark King of Sparta", sendo unha das mellores ordes do servidor. Actualmente (decembro 2.009) son un cabaleiro de nivel 27, e aínda que non xogo moito, si trato de seguir evolucionando ao cabaleiro.

Picando no seguinte link, poderás rexistrarche no xogo ou ver máis información do mesmo, ademais darasme unhas moedas, jejeje.

Máis información sobre o xogo

ARRIBA

BasketStars

Este é o último xogo ao que nos unimos. Tamén se trata dun xogo "manager" como o Maxithlon, pero neste caso, manexando un equipo de Baloncesto.

Igual que naquel, manéxase todo o referente ao club, estadio, fichaxes, persoal, adestramentos, etc.

Levamos dende o 17 de xullo do 2.008, concretamente desde a xornada 17. O noso equipo chámase "Nitram Racing", e estamos dentro da Constelación II - Galaxia I - Planet II .

Trofeo

Co novo ano 2.010 celebramos o noso espectacular ascenso a Star, conseguindo o noso primeiro trofeo ao conseguir gañar a liga e playoff de nosa liga Constelación II - Galaxia I - Planet II. Agora estamos en Constelación II - Galaxia I - Star I.

Picando no seguinte link, podes coñecer máis do xogo, ademais axudarasme xa que che haras "abonado" do club e sempre estarás entre os asistentes aos partidos.

Más información sobre el juego

ARRIBA