Xoves, 21 de Abril do 2.011
Xa se disputaron dúas probas do campionato WTCC 2011 dá web SimRacing.es para o xogo rFactor.
1ª Proba circuito Curitiba - Brazil
O día 17 de marzo celebrouse a primeira proba do campionato correspondente ao Circuíto de Curitiba - Brazil, no que se celebraban dúas mangas de 25 minutos.
O piloto de Nitram era Eus Martin, que na sesión clasificatoria, con problemas co setup só podía clasificar no posto 35º unicamente diante dun piloto. Así se presentaba unha complicada carreira na que sería moi complicado chegar aos puntos.
Unha vez solucionado o problema do setup, comeza a primeira manga con calma e aproveitando os posibles erros do resto de pilotos.
O ritmo é mellor que en clasificación e empeza a remontar posicións, está varias voltas pelexando con Antonio Aguilar ao que finalmente pasa na freada da recta de meta. Tira forte até o final e logra unha excelente 26ª praza.
Eus en plena carrera
Na segunda manga sae desde o posto 26º. Pero lamentablemente volve equivocarse co setup e o coche non corría nada en recta.
Así que tocaba pelexar na zona recta para saír coa suficiente vantaxe a longo prazo recta de meta. Conseguiu aguantar os envites e foi superando a varios pilotos até conseguir o que parecía imposible, terminar 18º e conseguir o primeiro punto do Campionato.
Retransmisión en diferido da carreira Live SimRacing.es
2ª Prueba circuito Zolder - Bélgica
O día 7 de abril disputábase a segunda proba do campionato correspondente ao Circuíto de Zolder - Bélxica.
Lamentablemente por problemas físicos Eus Martín non facía as voltas necesarias para poder participar na proba.
Retransmisión en diferido de la carrera Live SimRacing.es
Despois destas dúas primeiras probas, Eus Martin é 24º con 1 puntos.
A próxima carreira é no Circuíto de Imola - Italia, hoxe 21 de abril ás 22:00. Poderedes seguir a carreira en directo no Live de SimRacing.es.
Luns, 18 de Abril do 2.011
Os pasados días 31 de marzo a 3 de abril disputábase a quinta proba do Campionato Nacional Asfalto 2005, o 38º Rally Ourense 2.005, que organiza a web RBR On Board.
Cartel do XXXVIII Ralli de Ourense
O equipo Nitram, saía a tramo MARTIN Eus.
Como xa é habitual nos últimos rallyes, o rally tiña 9 tramos, divididos en catro bucles, o primeiro con tres trarmos, repetíanse o SS1-SS2 no segundo bucle, e os dous últimos bucles eran dous tramos que se pasaban dúas veces. Destacando a estrea do novo tramo do pluging "Peklo". Todos eles de asfalto seco.
Empezaba forte na SS1 (Hradek 1) marcando un 26º tempo con marca persoal na etapa. Pero o desastre producíase na SS2 (Mlynky) na que nun pequeno descoido saíase fortemente danando o coche e obrigando ao seu primeiro abandono no campionato. Grazas ao superrally saía na SS3 (Cote D'Abroz) pero coa penalización de 5 minutos, marcaba o 25º tempo e terminaba o primeiro bucle no posto 46º e 16º grupo N.
Marcaba de nova marca persoal na SS4 (Hradek 1) sendo 26º tempo. E de novo mal na SS5 (Mlynky), esta vez cunha saída que lle obrigaba a pedir unha axuda (pérdense uns 30 seg. aproximadamente) e era 41º no tramo. Na xeral subía ao 38º posto e 13º en N.
Momento do trompo na SS7 Pleko
Estranábamos tramo na SS7 (Pleko) e Eus marcaba un 27º cun pequeno erro que lle provocaba un trompo que lle facía perder tempo. A SS8 (Cote D'Abroz II) repetía posto e era 27º. Así na xeral era 32º e 12º en N.
Finalizaba o rally repetindo os tramos do bucle anterior, así na SS8 (Pleko) esta vez sen erros marcaba un gran tempo e era 18º. Rematando a súa participación cun 19º tempo scracth na SS9 (Cote D'Abroz II).
Complicado rally para Eus, no que todo se perdía no segundo tramo, aínda así finalizaba o rally nun 27 posto na xeral e un sorprendete 11º posto no grupo N ás portas dos puntos.
Tras este rally, Eus é 7º na xeral de grupo N con 18 puntos.
Onte termina o Rally de Avilés, do que vos informaremos en breve. O próximo rally será o Rally de Ferrol do 28 de abril ao 1 de maio.
Martes, 5 de Abril do 2.011
O pasado fin de semana celebrábase a segunda proba do Dual MotoGP 2011 - III Memorial Nitronori 41, o GP bwin de España no circuíto de Xerez. Organizado desde o f foro de wxat.
Tras a ausencia na primeira proba Eus debutaba no campionato aos mandos do seu Kawasaki ZX-RR Ninja de 800 cc. Dentro do Campionato na modalidade offline.
Eus en los primeros instantes de la carrera
Eus non cara a unha gran saída e ademais sufria un par de "mini-paróns" no xogo e non conseguía adiantar ás IAs até mediada a 2 volta.
Unha vez rodando en solitario non conseguía chegar aos tempos de entrenos onde chegara a facer 1'37"1, pero era incapaz sequera de baixar de 1'38. Ía forzando ao máximo e na cuarta volta cando chegaba á última curva para a recta de meta, pasábase de freada e ía parar a grávaa. Por fortuna podía volver a pista sen caerse pero perdía uns 4 seg na manobra.
As seguintes voltas foron a ritmo constante marcando a hot-lap con 1'38"109, como dicimos lonxe dos ritmos de entrenos.
Nas dúas última voltas sufría un bajón de fps no xogo que influia lixeiramente no ritmo e marcaba na última volta 1'39"940, para deixar o tempo final en 15'02"039, finalizando no posto 11º, nunha chegada moi apertada onde do posto 7º ao 11º só lles separan menos de 4 seg.
A próxima proba será o GP de Xapón no circuíto de Motegui o día 24 de Abril.
Lunes, 4 de Abril do 2.011
Durante os días 24 ao 28 de marzo celebrouse a quinta proba do SimControl Championship 2011 dá web SimControl para o xogo RBR.
Rally de Xapón, que se disputaría enteiramente en grava/terra.
O rally constaba de 10 tramos todos nunha xornada de competición. A choiva tomaba parte protagonista neste rally e os tramos presentábanse húmidos e mollados, o que convertía nas pistas de terra moi deslizantes. E como era de esperar nun rally tan duro tan só 53 dos 73 participantes lograban chegar a meta.
Cartel do Rally Xapón
E tivemos que esperar cinco rallyes para que por fin Marçal Bonet puidese certificar unha gran actuación. Dera mostras de ser un pilot moi rápido e só era cuestión de tempo que os resultados acompañasen.
E xa na SS1 empezaba forte marcando o 6º tempo scracth. Non lle ían as cousas tan ben na SS2 odónde só podía facer 13 tempo. Terminando o primeiro bucle de dous tramos no posto 11º da xeral e o 4º WRC.
Comezaba un bucle complicado coa SS3 en húmido marcaba o 8º tempo. Seguían dous tramos en mollado, a SS4 era 13 e na SS5 repetía 13º. Tramos moi deslizantes que llos tomaba con calma. Terminaba o bucle 8º na xeral e 4º WRC.
Terceiro bucle e repetíanse os tramos do primeiro. Así na SS6 marcaba un explédido 4º tempo en tramo. Pero os erros acumuláronse na SS7 que era en mollado e con varios semitrompos atrasábanlle até o 15º tempo. Na xeral xa estaba 5º e era o 2º WRC.
Último bucle de tres tramos, un mollado e os dous últimos húmidos. Na SS8 era 10º. Apertaba na SS9 onde marcaba 7º tempo e finalizaba o rally na SS10 cun 7º tempo de tramo.
Así asinaba un gran rally no que finalmente era 5º da xeral e 2º en WRC.
Marçal Bonet firmó un gran rally terminando 5º y 2º WRC
Pola súa banda Eus Martin non tiña sorte, e por problemas técnicos do seu PC abandonaba o rally sen finalizalo.
Só disputaba as dúas primeiras SS nas que cometía moitos erros e só podía ser 44º na SS1 e 40º na SS2.
Despois de 5 rallyes disputados, Marçal Bonet é 12º na xeral con 17 puntos e Eus Martin 33º con 6 puntos. Na clasificación do grupo WRC, Marçal Bonet é 3º con 44 puntos e Eus Martin 6º con 39 puntos.
Finalmente na clasificación por equipos, Nitram Racing é 11 con 66 puntos.
O próximo rally é o Rally de España, sobre superficie mixta, durante os días 7 a 10 de abril.
Domingo, 3 de Abril do 2.011
Os pasados días 17 a 20 de marzo disputábase a Cuarta proba do Campeonato Nacional Asfalto 2005, o 41º Rally Rias Baixas 2.005, que organiza a web RBR On Board.
Cartel do XLI Ralli de Rias Baixas
O equipo Nitram, de novo, só saía a tramo MARTIN Eus.
O rally estaba formado por 9 tramos, divididos en catro bucles, o primeiro con tres trarmos, repetíanse o SS1-SS2 no segundo bucle, e os dous últimos bucles eran dous tramos que se pasaban dúas veces.
Empezaba sen problemas na SS1 marcando un 32º tempo. A SS2 é o tramo Sumbruk, un tramo que está limitado no pluging checo e que apenas o correu un par de veces o noso piloto, non tiña fallos graves e era 27º. Marcaba un bo 19º tempo na SS3, o que facía terminar o primeiro bucle 24º na xeral e 16º entre os N.
Comezaba o segundo bucle cun 32º na SS4. Seguna pasada por Sumbruk e mellora un pouco a primeira sendo 24º. Segue sen ter erros, o que fai subir postos na xeral xa é 15º e 8º en grupo N.
Gran ralli de Eus que acababa o 7º posto en grupo N
Terceiro bucle e dous tramos novos. Era 26 na SS6 e marcaba un bo tempo na SS7 facendo 14º scracth. Subía ao 14º posto na xeral e 7º entre o grupo N.
Último bucle no que se repetían os dous tramos anteriores. Melloraba na SS8 e marcaba o 23º tempo e finalizaba o rally na SS9 cun tempo lixeiramente pero que na primeira pasada, aínda así era 14º tempo scracth.
Gran rally de Eus, sobre todo no últimos catro tramos facendo moi bos tempos, finalizaba o rally nunha excelente 13 posto na xeral e 7º posto no grupo N.
Tras este rally, Eus é 5º na xeral de grupo N con 18 puntos.
Hoxe termina o Rally de Ourense, do que vos informaremos en breve. O próximo rally será o Rally de de o 14 ao 17 de abril.