Web do equipo Nitram Racing

Nitram Racing

COMPETICIÓN 2.006

Neste apartado podedes consultar todas as competicións de slot nas que participei ao longo do ano 2.006, así como resultados e xenerais dos distintos campionatos da provincia de Lugo.

A tempada 2.006 en canto ao Campionato Provincial de Rallye, disputeino cun Subaru Imprezza Gr. A artesanal. Lonxe dos mellores do campionato, logrei aos poucos mellorar o rendemento tanto do coche como do piloto.

No 1/24 estree o Subaru Imprezza con chasis plafit de WRC, con bastante problemas de posta a punto, nos últimos rallyes parece que vai mellorando. En clásicos seguín co R5-Turbo e chasis de plástico de xeito evidente moi pouco competitivo. Paseino ben, sen máis.

O resto dos Campionatos tomeimos como pasatempos obtendo resultados dispares. Destacar o campionato de pista, en varias categorías tiven bos resultados nalgunha carreira, chegando en LMP a quedar 2º na xeneral.

En TTs, mostreime moi competitivo e só os fallos mecánicos botaron ao traste unha posible vitoria, e cando estes non apareceron decisións "externas" evitárono.

As avarías mecánicas tanto en rallyes como pista, foron a nota dominante do ano, xa sendo coñecido nas carreiras por iso. Esperemos que a sorte cambie no 2007.

ARRIBA

RALLI-RAID

II CampIonato Raids TT - Club Slot Lucus

Estas son as probas previstas para o Campionato de Raids TT a celebrar polo Club Slot Lucus.

29 Abril - 1º Rallye-Raid

6 Mayo - 2º Rallye-Raid

1 Julio - 3º Rallye-Raid

28 Octubre - 4º Rallye-Raid

11 Noviembre - 5º Rallye-Raid

Folla excell resultados carreiras e clasificacions xerais (.ace 251 kb)

ARRIBA

Carrera de Campeones - Entrega de Trofeos - Club Slot Lucus

Celebrarase nas instalacións do Club Slot Lucus.

2 de Decembro

ARRIBA

ARRIBA

PISTA

Pista en Slot Lucus

Desde mediados de xuño, os venres pola noite dispútanse distintas probas de velocidade en Pista. Camións, GTs, LMP, Turismos, F-1, etc.

Folla excell resultados carreiras e clasificacions xerais (.ace 31 kb)

ARRIBA

ARRIBA