Neste apartado podedes consultar todas as competicións de slot nas que participei ao longo do ano 2.004, así como resultados e xenerais dos distintos campionatos da provincia de Lugo.
Campionato Provincial de Rallyes de Lugo, nas categorias WRC, A, SK e N.
Cto. organizado polo Club Slot Lucus de Rallyes a tres carreiras nas categorías N, super 1600, infantil e damas.
Este recentemente creado club lucense organizará por primeira vez na provincia un Campionato de Raids. Estivo composto de tres probas repartidas entre os meses de outubro, novembro e decembro. Intentarei participar nalgunha delas con algún dos meus TTs de Ninco. Finalmente fíxeno só nunha proba e corrín co BMW X5.
O sábado 30 de outubro, celebrouse a 2ª Proba do Campionato de TTs.
Esta carreira supuxo a miña estrea na categoría de todo terreos e podemos dicir que foi moi positivo.
Parque cerrado antes de la 2ª pasada
Participei na categoría T1 (NINCO de serie) cun BMW X5. Tiven unha "regular" primeira pasada, debido a que o coche estaba "tal cal" sacado de caixa e problemas con pedras que se meteron no raíl no primeiro tramo. Xa no parque pechado antes da segunda pasada puiden traballar a guía, o que fixo mellorar ostensiblemente o comportamento do coche, logrando o mellor tempo total de todos os T1 (incluídos damas e infantís) na segunda pasada, só mellorado polos T3 (coches con preparación libre), a pesar de non marcar ningún scrach grazas a ter menor número de penalizacións.
Esta excelente segunda pasada fíxome subir moitos postos na xeneral e terminar 10º (3º en T1, non se inclúen damas e infantís) e ser o primeiro BMW X5 na clasificación.
O día 6 de decembro, celebrouse o 1º Trofeo Rallye de Pelotillas do Club Slot Lucus. Cunha gran participación 30 pilotos das distintos clubs de Lugo.
No trofeo "Pelotillas", só se admitían, o Seat 600, Fiat Abarth, Mini, Renault 5 (o antigo de Exin) e o Ford Festa (tamén o modelo antigo).
Entregaríase trofeo aos 3 primeiros clasificados da xeneral e aos 3 primeiros de cada vehículo admitido.
Por problemas de datas, a organización permitiu a Eus participar o sábado 2, para realizar un total de tres pasadas aos tres tramos montados.
Eus participou cun Mini de Scalextric, en concreto o do "coche do club Scalextric" do ano 2004.
O rallye foi moi divertido e era moi vistoso ver a eses minúsculos coches evolucionar cos tres espectaculares tramos montados para a ocasión (similares aos tres usados para a terceira carreira de Gr. N do mesmo club)
A proba foi gañada por Martín (Slot Lucus), con 600 Abarth, segundo foi Oli (Slot Lucus) tamén con 600 e terceiro Benja (Ancares) cun Renault 5.
Eus terminou no 16º posto final, sendo o 3º Mini en pasar a meta.
Celébrase por segundo ano consecutivo esta proba de nivel galego. Organizada ao grande durante as festas locais de Lugo nun gran Pavillón e con gran afluencia de pilotos e público.
Logo da boa actuación do ano pasado, intentarei repetir a participación se as datas permítenmo. O ano pasado corrín co meu Focus Gr. A, logrei estar nalgunha das pasadas entre os 3 primeiros do grupo, mágoa dun problema coa Guía nun dos tramos que me fixo perder toda posibilidade de loitar por quizais un podio, pero polo menos conseguín pasar todos os cortes.
Focus Gr. A
Este ano finalmente participei cun Subaru SCX Gr. N. O rallye non me saíu moi mal, pero non puiden pasar o corte dos 15 primeiros N tras as dúas primeiras pasadas. Notóuseme bastante desentrenado (fisicamente minguado polas festas jejejeje) e aínda que en ocasións enlazaba xiros a bo ritmo cometía algún erro que me cara a volver ir aos tombos. Os fallos mecánicos tampouco me abandonaron jijiji, e o ultimo tramo na primeira pasada fíxeno coa coroa traseira bastante frouxa (por non dicir do todo), a partir de agora xa apertarei ben os parafusos da coroa ;).
Creo que ao termino desas dúas pasadas estaba sobre o posto 20 en gr. N. Ata o ano que vén.
O 28 de agosto, celebrábase nas instalacións do novo club de Lugo, Club Slot Lucus, a súa carreira inaugural. Para a ocasión prepararon un bonito tramo de subida. Correuse en dúas categorías, Gr N de Rallyes e "Forza Libre".
O mais destacable da miña participación foi ir terceiro logo da primeira pasada, finalmente 6º, na categoría de Gr. N Rallyes, fallos no motor do Subaru (exceso de aceite) impediron loitar por terminar no podium.
Camión MAN "Albacete" de GBTrack
En "Forza Libre" participei co Seat 124 Gr. 4 de Zanini, precioso coche, conseguindo terminar as dúas pasada no medio do grupo. O obxectivo era gozar deste coche que poucas ocasións hai para velo en pista.
Campionato de Pista organizado polo Club Ancares, compitese nas categorías Super Turismos, GTs, F-1 e LMPs / Barquetas.
Celebrouse durante a primeira parte da tempada un Campionato de Camións. A participación foi mais elevada da que pensamos nun primeiro momento. Tendo que realizarse varias series.
As carreiras foron superdivertidas, pásascho pipa con estes xigantes e as "desfeitas" que montaba Mario co seu camión de aluguer á escuadra "Fotingo" jajaaaja que risas nos votamos.
MAN
Tiven algunha boa actuación coa meu MAN, aínda que non puiden participar na primeira carreira disputada. A falta dunha proba por disputar (que finalmente non se realizou) terminei de 6º empatado con Fotingo con 9 puntos.